A asbestose é unha enfermidade pulmonar intersticial causada por unha inhalación recurrente de asbesto. Os/as afectados/as por esta patoloxía presentan fibrose pulmonar cunha conseguinte perda progresiva da función respiratoria.
O asbesto, tamén coñecido como amianto, é un mineral que foi empregado antigamente nas construccións, minas, industrias... Na actualidade e grazas á prohibición do seu uso, existe unha baixa incidencia da asbestose.
Os síntomas soen ser de aparición tardía e inclúen disnea de esforzo, tose seca e dor torácica.
O coñecemento dunha posíbel exposición ao asbesto, así como a realización de estudos radiolóxicos e histopatolóxicos permiten o diagnóstico desta enfermidade.
En canto ao tratamento, non existe ningún que poida reverter os efectos da inhalación de asbesto; neste caso, a prevención tórnase imprescindíbel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario