A encefalitis é unha inflamación do cerebro. A causa máis común é unha infección viral, pero as bacterias tamén poden ocasionala. Esta pode ser leve ou grave pero a maioría dos casos son leves.
A causa da encefalitis son infeccións por virus neurotropos, é dicir, virus que teñen unha especial afinidade polo sistema nervioso central. Estes virus pódense transmitir de diferentes formas; algúns deles por vía respiratoria , algúns por vía fecal-oral e outros mesmo por vía sexual.
Algúns pacientes poden ter síntomas dun arrefriado ou dunha infección estomacal antes de que os síntomas de encefalitis comecen.
