Mostrando entradas con la etiqueta enfermidade do SN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enfermidade do SN. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de octubre de 2017

ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica)

A ELA é unha enfermidade do SN na cal as neuronas motoras (motoneuronas), que son as encargadas de enviar impulsos nerviosos dende o SNC á musculatura tanto esquelética como lisa, perden progresivamente a súa funcionalidade e morren, provocando debilidade e atrofia muscular.




É unha enfermidade que afecta directamente ao SNC (as motoneuronas localízanse no cerebro e medula espiñal) e indirectamente ao SNP, tanto ao sistema nervioso autónomo como ao somático.

Grazas a unha famosa campaña publicitaria solidaria (Ice Bucket Challenge), moita xente tomou conciencia sobre a ELA.