Mostrando entradas con la etiqueta esófago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta esófago. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de noviembre de 2017

VARICES ESOFÁXICAS SANGRANTES


Imagen relacionadaAs varices esofágicas son veas anormalmente dilatadas que se atopan na parte final do esófago, polas que circula parte do sangue que en condicións normais debería pasar a través do fígado.

 A súa dilatación é consecuencia da dificultade que o fígado enfermo ofrece ao paso do sangue. O principal problema da existencia das varices esofágicas é o risco de rotura, fenómeno que ocorre cando a presión no interior da variz supera a resistencia da súa parede. A hemorraxia por rotura de varices esofáxicas é habitualmente moi abundante e supón unha grave complicación.
 Afortunadamente, non todos os pacientes con varices esofáxicas sangran. O risco de hemorraxia por varices é tanto maior canto maior é o seu tamaño, máis elevada sexa a presión do sangue no interior e máis delgada sexa a súa parede. 
É posible que as persoas con enfermidade hepática crónica e varices esofágicas non presenten ningún síntoma. Se hai só unha pequena cantidade de sangrado, o único síntoma pode ser vetas escuras ou negras nas feces. Se se presentan grandes cantidades de sangrado, os síntomas poden incluír:

  • Feces alquitranosas
  • Feces con sangue
  • Mareo
  • Palidez
  • Síntomas de enfermidade hepática crónica 
  • Vómitos
  • Vómitos con sangue



martes, 31 de octubre de 2017

SÍNDROME DE MALLORY-WEISS

O síndrome de Mallory-Weiss describe un desgarro esofáxico causado por numerosos vómitos.

As causas máis comúns deste elevado número de vómitos son o alcolismo e a bulimia, aínda que calquera persoa que vomite frecuentemente e/ou violentamente pode sufrir o síndrome.

A melena (expulsión de sangue polo ano) e a hematémese (sangue no vómito) son os primeiros signos desta patoloxía.

A endoscopia dixestiva alta é a proba de referencia para o seu diagnóstico.

Non se refire ningún tratamento xa que na meirande parte dos casos os signos van desaparecendo por si sós; naqueles casos máis duradeiros é posíbel que se realiza unha intervención endoscópica/cirúrxica para deter as hemorraxias.



lunes, 30 de octubre de 2017

ENFERMIDADE POR REFLUXO GASTROESOFÁXICO (ERGE)

A ERGE é unha patoloxía caracterizada pola presenza dun refluxo gastro esofáxico (retroceso do contido gástrico cara ao esófago) crónico.

As súas causas, polo xeral, están relacionadas cun esfínter esofáxico inferior hipotónico (débil) ou coa presenza dunha hernia de hiato.

Os síntomas que pode provocar esta enfermidade son:
  • Pirose: sensación de queima no esófago ou mesmo na gorxa.
  • Regurxitación: sensación de que os alimentos ascenden do estómago cara ao esófago.
  • Dor torácico.

Para o seu diagnóstico abonda coa historia clínica do/a doente; a presenza dos síntomas anteriormente descritos indicarían positividade en ERGE.

O tratamento da ERGE baséase en farmacoterapia e recomendacións xerais relacionadas con hábitos de vida e dietéticos saudábeis.





sábado, 28 de octubre de 2017

ACALASIA

A acalasia é unha enfermidade pouco frecuente (1 cada 100.000) caracterizada por unha contracción esofáxica ineficaz acompañada dunha relaxación incompleta do esfínter esofáxico inferior; isto dificulta o paso dos alimentos cara ao estómago.

Os factores etiolóxicos deste trastorno son descoñecidos aínda que pode ser consecuencia secundaria dalgunhas patoloxías gastrointestinais.

O principal síntoma da acalasia é a dificultade para tragar alimentos (disfaxia); ademais, tamén pode aparecer regurxitación, dor torácico, perda de peso involuntaria...

A avaliación diagnóstica desta afección inclúe estudos radiolóxicos, endoscópicos e manométricos; estes últimos son os métodos diagnósticos de referencia por ter maior sensibilidade.

Ao ser unha enfermidade crónica, o tratamento que se lle dá aos doentes afectados por acalasia é paliativo; o emprego de fármacos e os procedementos cirúrxicos e non cirúrxicos (dilatación endoscópica) procuran aliviar os síntomas e con elo, mellorar a súa calidade de vida.