sábado, 28 de octubre de 2017

ACALASIA

A acalasia é unha enfermidade pouco frecuente (1 cada 100.000) caracterizada por unha contracción esofáxica ineficaz acompañada dunha relaxación incompleta do esfínter esofáxico inferior; isto dificulta o paso dos alimentos cara ao estómago.

Os factores etiolóxicos deste trastorno son descoñecidos aínda que pode ser consecuencia secundaria dalgunhas patoloxías gastrointestinais.

O principal síntoma da acalasia é a dificultade para tragar alimentos (disfaxia); ademais, tamén pode aparecer regurxitación, dor torácico, perda de peso involuntaria...

A avaliación diagnóstica desta afección inclúe estudos radiolóxicos, endoscópicos e manométricos; estes últimos son os métodos diagnósticos de referencia por ter maior sensibilidade.

Ao ser unha enfermidade crónica, o tratamento que se lle dá aos doentes afectados por acalasia é paliativo; o emprego de fármacos e os procedementos cirúrxicos e non cirúrxicos (dilatación endoscópica) procuran aliviar os síntomas e con elo, mellorar a súa calidade de vida.





No hay comentarios:

Publicar un comentario