domingo, 29 de octubre de 2017

PANCREATITIS

A pancreatitis é a inflamación do páncreas. . A pancreatitis pode ser crónica (que significa que dura moito tempo, ata algúns anos) ou aguda (que significa que só dura algúns días).


A pancreatitis pode danar o páncreas, pero hai medicamentos que poden axudar a controlar a súa dor e pódeno axudar a levar unha vida normal.

Os síntomas da pancreatitis aguda inclúen os seguintes:
  • Dor abdominal que se propaga ás costas e que, a miúdo, empeora cando come.
  • Náuseas.
  • Vómitos.
  • Febre.
  • Frecuencia cardíaca rápida.



As persoas que teñen pancreatitis crónica tamén experimentan dor abdominal, náuseas e vómitos. Ademais, é posible que teñan os seguintes síntomas:

  • Niveis altos de azucre no sangue.
  • Perda de peso non intencional.
  • Diarrea.
  • Ictericia (cor amarelada na pel e na parte branca dos ollos)

O 80% das pancreatitis é causado por cálculos biliares e inxesta de alcol. Os cálculos biliares son a causa máis común de pancreatitis aguda. O alcol é a etiología máis común de pancreatitis crónica.
Causas máis frecuentes ou comúns de pancreatitis:

  • Cálculos biliares que bloquean o conduto pancreático. A máis frecuente en países con alta taxa de litiasis biliar.
  • A inxesta abundante de graxas.
  • Abuso de alcol, que ocasiona o bloqueo dos conductillos pancreáticos pequenos.
  • O exceso de peso ou obesidade.
Explicación da pancreatitis (vídeo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario