Mostrando entradas con la etiqueta trastorno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta trastorno. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de octubre de 2017

SÍNDROME DO INTESTINO IRRITÁBEL

O Síndrome do Intestino Irritábel (SII), tamén coñecido como colon irritábel, é un trastorno funcional crónico do tubo dixestivo, concretamente do intestino groso.

As persoas que sofren este síndrome presentan habitualmente dor e/ou inchazón abdominal máis alteracións do hábito intestinal (diarrea ou estrinximento); algunhas persoas mesmo poden pasar dun período de estrinximento a un de diarrea.

As intolerancias alimentarias, o estrés, a ansiedade e as infeccións gastrointestinais graves poderían considerarse factores de risco do SII.

O diagnóstico deste trastorno baséase nos criterios clínicos xa que os estudos radiolóxicos/endoscópicos/analíticos non reflicten ningunha anormalidade.

O tratamento do SII lévase a cabo mediante fármacos e recomendacións nutricionais que aínda que non curen a enfermidade, mellorarán a calidade de vida dos afectados.

lunes, 23 de octubre de 2017

Síndrome de Tourette

O síndrome de Tourette, descrito por vez primeira por Gilles de la Tourette no ano 1885 e coloquialmente coñecido como a "enfermidade dos tics", é un trastorno neurolóxico polo cal as persoas que o padecen sofren moitos tics fónicos e motores durante máis dun ano.

Maniféstase antes dos 18 anos (na infancia ou na adolescencia) e os primeiros síntomas soen ser tics (movementos involuntarios) da cara, dos membros ou do tronco; tamén aparecen tics vogais como berros, gruñidos, ladridos ou carraspeiras. Amais, de maneira frecuente, danse trastornos asociados como o Trastorno Obsesivo-Compulsivo (TOC) ou o Trastorno por Déficit de Atención por Hiperactividade (TDAH).

A súa causa é xenética mais descoñécese o seu patrón de herdanza.

En canto ao tratamento deste síndrome, dicir que non todas as persoas precisan del; só se aplica naqueles casos máis graves (nos que o trastorno afecta á vida cotiá do doente). O tratamento máis eficaz é o farmacolóxico e/ou psicolóxico.