Mostrando entradas con la etiqueta ril. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ril. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de noviembre de 2017

INSUFICIENCIA RENAL

Os riles sans limpan o sangue eliminando o exceso de líquido, minerais e refugallos. Tamén producen hormonas que manteñen os seus ósos fortes e o seu sangue san. Pero se os riles están lesionados, non funcionan correctamente. Poden acumularse refugallos perigosos no organismo. Pode elevarse a presión arterial. O seu corpo pode reter o exceso de líquidos e non producir suficientes glóbulos vermellos. A isto chámaselle insuficiencia renal.

miércoles, 8 de noviembre de 2017

ANATOMÍA DO APARELLO URINARIO

O sistema urinario é un sistema de excreción, a súa principal función é filtrar o sangue para extraer as substancias de refugallo que posteriormente se eliminasen do organismo en forma de ouriños.

O aparello urinario humano compónse fundamentalmente de dúas partes que son:

Os órganos secretores: os riles, que producen os ouriños e desempeñan outras funcións.
A vía excretora, que recolle os ouriños para expulsala ao exterior. Esta parte está formada por un conxunto de condutos que son:

  • Os uréteres que conducen os ouriños desde os riles á vexiga urinaria.
  • A vexiga urinaria é unha bolsa muscular e elástica na que se acumula os ouriños antes de ser expulsada ao exterior. No extremo inferior ten un músculo circular chamado esfínter, que se abre e pecha para controlar a micción (o acto de ouriñar).
  • A uretra é un conduto que transporta os ouriños desde a vejiga ata o exterior. No seu parte inferior presenta o esfínter uretral, polo que se pode resistir o desexo de ouriñar. A saída dos ouriños ao exterior prodúcese polo reflexo de micción.