Mostrando entradas con la etiqueta enfermidade do pene. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enfermidade do pene. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de noviembre de 2017

FIMOSE


A fimose é unha enfermidade que se caracteriza pola incapacidade de lograr unha retracción completa do prepucio (pel que recobre o glande) impedindo que o glande quede ao descuberto; isto pode provocar diversas complicacións como por exemplo:
  • Micción dolorosa: a causa dunha inflamación local por acumulación de restos de urina no glande.
  • Infeccións recurrentes: a causa dunha incorrecta hixiene do glande.
  • Parafimose: a causa dunha retracción forzada do prepucio que logo é incapaz de volver á súa posición inicial.

Cando xa está presente no nacemento coñécese como fimose primaria e está causada por un incompleto desenvolvemento do aparello reprodutor masculino durante o embarazo. A fimose secundaria aparece posteriormente e soe estar provocada por retraccións bruscas do prepucio para lograr a súa hixiene (formaranse pequenas feridas que ao cicatrizar causarán unha perda da elasticidade do prepucio).

O tratamento, nun primeiro momento e co fin de intentar evitar a cirurxía, consiste na administración por vía tópica dunha crema; se a fimose non remitise despois disto, procederíase á cirurxía para realizar unha resección total do prepucio (circuncisión).