A fimose é unha enfermidade que se caracteriza pola incapacidade de lograr unha retracción completa do prepucio (pel que recobre o glande) impedindo que o glande quede ao descuberto; isto pode provocar diversas complicacións como por exemplo:
- Micción dolorosa: a causa dunha inflamación local por acumulación de restos de urina no glande.
- Infeccións recurrentes: a causa dunha incorrecta hixiene do glande.
- Parafimose: a causa dunha retracción forzada do prepucio que logo é incapaz de volver á súa posición inicial.
Cando xa está presente no nacemento coñécese como fimose primaria e está causada por un incompleto desenvolvemento do aparello reprodutor masculino durante o embarazo. A fimose secundaria aparece posteriormente e soe estar provocada por retraccións bruscas do prepucio para lograr a súa hixiene (formaranse pequenas feridas que ao cicatrizar causarán unha perda da elasticidade do prepucio).
O tratamento, nun primeiro momento e co fin de intentar evitar a cirurxía, consiste na administración por vía tópica dunha crema; se a fimose non remitise despois disto, procederíase á cirurxía para realizar unha resección total do prepucio (circuncisión).
No hay comentarios:
Publicar un comentario