Mostrando entradas con la etiqueta biopsia renal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biopsia renal. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de noviembre de 2017

ENFERMIDADE DE CAMBIOS MÍNIMOS


A enfermidade de cambios mínimos, tamén chamada glomerulonefrite de cambio mínimos, nefrose lipoidea ou nefropatía de cambios mínimos, é un trastorno que afecta aos glomérulos renais. Caracterízase por "cambios mínimos" glomerulares non observábeis mediante microscopio óptico (si con microscopio electrónico).

Pode ter unha orixe primaria ou secundaria; na primeira descoñécese o factor causal mentres que na segunda as posíbeis causas inclúen infeccións, alerxias, neoplasias ou fármacos.

En canto aos síntomas, provoca fundamentalmente o chamado síndrome nefrótico xunto coas manifestacións clínicas que este produce.

O diagnóstico baséase na realización de análises de sangue e urina; ademais, o exame de referencia para o diagnóstico definitivo en adultos é a biopsia renal.

O tratamento de elección é farmacolóxico; consiste na administración de corticoides por un período mínimo de 14 meses. Empregaranse outros fármacos naqueles casos nos que os corticoides sexan ineficaces.



Inchazón arredor dos ollos; 
signo do síndrome nefrótico