A enfermidade de cambios mínimos, tamén chamada glomerulonefrite de cambio mínimos, nefrose lipoidea ou nefropatía de cambios mínimos, é un trastorno que afecta aos glomérulos renais. Caracterízase por "cambios mínimos" glomerulares non observábeis mediante microscopio óptico (si con microscopio electrónico).
Pode ter unha orixe primaria ou secundaria; na primeira descoñécese o factor causal mentres que na segunda as posíbeis causas inclúen infeccións, alerxias, neoplasias ou fármacos.
En canto aos síntomas, provoca fundamentalmente o chamado síndrome nefrótico xunto coas manifestacións clínicas que este produce.
O diagnóstico baséase na realización de análises de sangue e urina; ademais, o exame de referencia para o diagnóstico definitivo en adultos é a biopsia renal.
O tratamento de elección é farmacolóxico; consiste na administración de corticoides por un período mínimo de 14 meses. Empregaranse outros fármacos naqueles casos nos que os corticoides sexan ineficaces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario