Mostrando entradas con la etiqueta pulmóns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pulmóns. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de noviembre de 2017

NEUMOTÓRAX

O colapso pulmonar (neumotórax) ocorre cando o aire escapa do pulmón. O aire logo enche o espazo por fóra do pulmón, entre este e a parede torácica. Esta acumulación de aire exerce presión sobre o pulmón, así que este non se pode expandir tanto como o fai normalmente cando  inspira.
O colapso pulmonar pode ser causado por unha lesión ao pulmón. As lesións poden incluír ferida por arma de fogo ou coitelo no tórax, fractura dunha costela ou certos procedementos médicos.

jueves, 2 de noviembre de 2017

TUBERCULOSE


A tuberculose (TB) é unha enfermidade infecciosa que pode afectar soamente aos pulmóns (máis frecuente) ou a máis órganos.

O factor causal é unha bacteria que ingresa no organismo a través do aire; por isto, lugares pechados e/ou mal ventilados son factores de risco que aumentarán as probabilidades de sufrir esta enfermidade.

Os síntomas poden ser comúns a outras patoloxías respiratorias e soen ser:
  • Tose.
  • Expectoración.
  • Perda de apetito e/ou perda de peso.
  • Febre.
  • Transpiración.
  • Cansazo.
  • Dor no peito.

Para diagnosticala realízanse análises de esputo e radiografías de tórax; amais, tamén se realiza o test de Mantoux (proba da tuberculina).

O tratamento da TB baséase na administración de varios antibióticos durante períodos nunca inferiores aos 6 meses.


   Tórax tuberculoso                                                   Tórax normal

miércoles, 1 de noviembre de 2017

NEUMONÍA


A neumonía é unha enfermidade infecciosa respiratoria aguda que afecta aos sacos alveolares dos pulmóns; provoca unha acumulación de líquido nestas pequenas estruturas pulmonares dificultando a respiración.

Diversos microorganismos patóxenos como bacterias, virus ou fungos son os causantes desta patoloxía.

Aínda que os seus síntomas poden variar dependendo do factor etiolóxico, os máis comúns son:

  • Tose. 
  • Dificultade para respirar. 
  • Debilidade. 
  • Dor de cabeza. 
  • Dor muscular. 
  • Cianose. 

Para o seu diagnóstico realizaranse exames físicos e radiolóxicos máis análises de sangue e esputo.

Para a meirande parte das neumonías virais non existe cura polo que o tratamento diríxese a aliviar a sintomatoloxía. As neumonías fúnxicas poden tratarse con antimicóticos e as bacterianas con antibióticos.