A laringomalacia é unha patoloxía conxénita manifestada por unha hiperlaxitude das estruturas larínxeas; isto provoca unha respiración ruidosa (estridor) doadamente audíbel en fases inspiratorias.
A causa desta anomalía é unha inmadurez dos tecidos larínxeos asociada habitualmente á prematuridade.
O síntoma característico, como se comentou, é a respiración ruidosa; esta óese de forma clara nas fases de inspiración aínda que tamén pode ser audíbel nas de espiración. Amais, casos máis graves desta enfermidade poden causar dificultades para durmir e apneas.
A proba de referencia para diagnosticala é a laringoscopia, grazas á cal se pode visualizar a larinxe. Para avaliar a zona dun xeito pormenorizado tamén se poden realizar broncoscopias aínda que son procedementos menos habituais ao deberen ser feitos nun quirófano.
Polo xeral non require de ningún tratamento xa que soe resolverse de seu; para aqueles casos máis graves existe a supraglotoplastia (cirurxía) que mellora notabelmente a respiración do/a doente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario