martes, 7 de noviembre de 2017

DERRAME PLEURAL

Un derrame pleural é unha acumulación de líquido entre as capas de tecido que recubren os pulmóns e a cavidade torácica.
O  corpo produce líquido pleural en pequenas cantidades para lubricar as superficies da pleura. Este é o tecido delgado que recubre a cavidade torácica e rodea os pulmóns. Un derrame pleural é unha acumulación anormal e excesiva deste líquido.

Hai dous tipos de derrame:

  • O derrame pleural transudativo é causado por líquido que se filtra cara ao espazo pleural. Isto débese a unha presión elevada nos vasos sanguíneos ou a un contido baixo de proteínas no sangue. A causa máis común é a insuficiencia cardíaca.
  • O derrame exudativo é causado por vasos sanguíneos ou vasos linfáticos bloqueados, inflamación, lesión ao pulmón e tumores.
Os factores de risco dun derrame pleural poden incluír:

  • Fumar e beber alcohol
  • Padecer de hipertensión
  • Historial de contacto con asbesto 
Os síntomas poden incluír calquera dos seguintes:
  • Dor torácica, xeralmente unha dor aguda que empeora coa tose ou a respiración profunda
  • Tos
  • Febre e calafríos
  • Hipo
  • Respiración acelerada
  • Dificultade para respirar


No hay comentarios:

Publicar un comentario