Mostrando entradas con la etiqueta divertículo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta divertículo. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de octubre de 2017

DIVERTICULITE


A diverticulite é unha inflamación dos divertículos (ver DIVERTICULOSE) e pode provocar graves complicacións senón é tratada de contado.

Unha das súas causas é a acumulación de material fecal dentro destes sáculos.

Os signos/síntomas que pode producir esta enfermidade son: dor (de duración e intensidade variábel), estrinximento ou diarrea, febre, náuseas e/ou vómitos...

En canto ao seu diagnóstico, a exploración física, as análises de sangue ou os estudos de diagnóstico pola imaxe son as probas de referencia.

O tratamento para a diverticulite é fundamentalmente farmacolóxico (antibioterapia) e nutricional.


jueves, 26 de octubre de 2017

DIVERTICULOSE

A diverticulose é unha afección que se pode desenvolver ao longo de todo o tubo dixestivo mais habitualmente localízase no intestino groso. Consiste na aparición duns pequenos sáculos (divertículos) nas paredes colónicas; estes, senón se inflaman e/ou infectan, non son perigosos.




Unha das causas da aparición destes divertículos é a dieta; unha dieta pobre en fibra aumenta significativamente o risco de padecelos.

Segundo os síntomas que produza a diverticulose, pode clasificarse en:

  • Diverticulose asíntomática: o doente non presenta síntomas.
  • Diverticulose sintomática: o doente presenta dor, inchazón, estrinximento, sangue nas feces...

O diagnóstico desta afección realízase observando a clínica do doente, facendo análises de sangue, exames físicos, probas de diagnóstico pola imaxe (TC, colonospia...). 

Para que a diverticulose non se converta nunha diverticulite (inflamación dos divertículos) abonda con realizar trocos na dieta incrementando a inxesta diaria de fibra (30-35 g/día).