A diverticulose é unha afección que se pode desenvolver ao longo de todo o tubo dixestivo mais habitualmente localízase no intestino groso. Consiste na aparición duns pequenos sáculos (divertículos) nas paredes colónicas; estes, senón se inflaman e/ou infectan, non son perigosos.
Unha das causas da aparición destes divertículos é a dieta; unha dieta pobre en fibra aumenta significativamente o risco de padecelos.
Segundo os síntomas que produza a diverticulose, pode clasificarse en:
- Diverticulose asíntomática: o doente non presenta síntomas.
- Diverticulose sintomática: o doente presenta dor, inchazón, estrinximento, sangue nas feces...
O diagnóstico desta afección realízase observando a clínica do doente, facendo análises de sangue, exames físicos, probas de diagnóstico pola imaxe (TC, colonospia...).
Para que a diverticulose non se converta nunha diverticulite (inflamación dos divertículos) abonda con realizar trocos na dieta incrementando a inxesta diaria de fibra (30-35 g/día).
No hay comentarios:
Publicar un comentario