viernes, 27 de octubre de 2017

CARIES DENTAL

A caries dental pode definirse como unha enfermidade infecciosa cuxo resultado é a destrución localizada dos tecidos duros do dente (esmalte, dentina, cemento).

Está causada pola produción ácida de bacterias e manifestada polo progresivo oscurecemento e reblandecemento do tecido dental e a súa posterior perda, deixando unha cavidade no seo do dente.

Esta enfermidade é posiblemente una das enfermidades crónicas máis comúns do mundo, aínda que a natureza pouco severa da carie fai que sexa das menos consultadas.  Ten máis incidencia en cativos.

Máis información sobre saúde oral.

Se se deixa unha caries sen tratar, prodúcese a destrución progresiva do dente, chegando a infección á pulpa dental.

A restauración dos dentes cariados é moi necesaria, xa que a perda do dente pode conducir non só á deterioración estética senón a alteracións do fala e da mastigación.
A prevalencia da carie aumentou de maneira constante co avance da civilización.

Pode non haber síntomas, pero se se presentan síntomas, poden incluír:


  • Dor de moa ou sensación dolorosa nos dentes, sobre todo despois de consumir bebidas ou alimentos doces, fríos ou quentes
  • Buracos visibles nos dentes


No hay comentarios:

Publicar un comentario