O síndrome de Tourette, descrito por vez primeira por Gilles de la Tourette no ano 1885 e coloquialmente coñecido como a "enfermidade dos tics", é un trastorno neurolóxico polo cal as persoas que o padecen sofren moitos tics fónicos e motores durante máis dun ano.
Maniféstase antes dos 18 anos (na infancia ou na adolescencia) e os primeiros síntomas soen ser tics (movementos involuntarios) da cara, dos membros ou do tronco; tamén aparecen tics vogais como berros, gruñidos, ladridos ou carraspeiras. Amais, de maneira frecuente, danse trastornos asociados como o Trastorno Obsesivo-Compulsivo (TOC) ou o Trastorno por Déficit de Atención por Hiperactividade (TDAH).
A súa causa é xenética mais descoñécese o seu patrón de herdanza.
En canto ao tratamento deste síndrome, dicir que non todas as persoas precisan del; só se aplica naqueles casos máis graves (nos que o trastorno afecta á vida cotiá do doente). O tratamento máis eficaz é o farmacolóxico e/ou psicolóxico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario