domingo, 22 de octubre de 2017

ENCEFALITIS

A encefalitis é unha inflamación do cerebro. A causa máis común é unha infección viral, pero as bacterias tamén poden ocasionala.  Esta pode ser leve ou grave pero a  maioría dos casos son leves. 

A causa da encefalitis son infeccións por virus neurotropos, é dicir, virus que teñen unha especial afinidade polo sistema nervioso central. Estes virus pódense transmitir de diferentes formas; algúns deles por vía respiratoria , algúns por vía fecal-oral e outros mesmo por vía sexual.
Algúns pacientes poden ter síntomas dun arrefriado ou dunha infección estomacal antes de que os síntomas de encefalitis comecen.



Cando esta infección non é moi grave, os síntomas poden ser moi similares ás doutras enfermidades:
  • Febre que non é moi alta
  • Dor de cabeza leve
  • Baixa enerxía e falta de apetito
Outros síntomas inclúen:
  • Torpeza, marcha inestable
  • Confusión, desorientación
  • Somnolencia
  • Irritabilidad ou pouco control do temperamento
  • Sensibilidade á luz
  • Rixidez do pescozo e das costas (ás veces)
  • Vómitos

Os obxectivos do tratamento son brindarlle aos paciente coidados complementarios (repouso, nutrición, líquidos) para axudarlle ao corpo para combater a infección, e aliviar os síntomas.

Os medicamentos poden incluír medicamentos antivirais (se un virus provocou a infección), antibióticos (se foi provocado por bacterias), anticonvulsivos (para previr crises epilépticas), esteroides (co fin de reducir a hinchazón do cerebro) ou  paracetamol (para a febre e a dor de cabeza).
Se a función cerebral resulta gravemente afectada, pódese necesitar fisioterapia ou terapia da linguaxe despois de que a infección estea controlada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario