domingo, 22 de octubre de 2017

MENINXITE

A meninxite é unha infección grave do SN que cursa cunha inflamación das membranas que recobren o cerebro e a medula espiñal (meninxes). Esta enfermidade debe ser considerada como unha urxencia médica xa que pode ser mortal.

Distinguimos varios tipos da mesma dependendo do axente causal; meninxite bacteriana (causada por unha bacteria), meninxite vírica (causada por un virus) e meninxite non infecciosa (causada por trastornos que non son infecciosos ou por fármacos).

Os síntomas asociados á meninxite son rixidez de pescozo, febre elevada, fotosensibilidade, cefalea, confusión e vómitos.

O diagnóstico desta patoloxía vén da man da clínica que presenta o/a doente, da exploración física e das análises de sangue e LCR.

O seu tratamento consiste, nun primeiro momento, na administración de antibióticos ata descartar que se trate dunha meninxite bacteriana e unha vez identificado o axente causal aplicarase tratamento específico; seguiranse administrando antibióticos se é bacteriana, administraranse antivirais se é vírica e suspenderase determinado fármaco ou tratarase o trastorno causal se se trata dunha meninxite non infecciosa.






No hay comentarios:

Publicar un comentario