lunes, 23 de octubre de 2017

MONONEUROPATÍA

A neuropatía é un grupo de enfermidades que afectan os nervios externos ao cerebro e a medula espinal (nervios periféricos). A mononeuropatía é unha afección que provoca o dano dun só nervio ou grupo nervioso e perxudica a parte do corpo asociada con ese nervio ou grupo nervioso, o cal pode causar perda da sensibilidade, do movemento ou da función nesa parte do corpo. A mononeuropatía pode afectar calquera parte do corpo.


Na maioría dos casos, a mononeuropatía é causada por lesión. Ocasionalmente os trastornos en todo o corpo (sistémicos) poden causar dano a nervios illados. A presión prolongada sobre un nervio debido a hinchazón ou lesión pode ocasionala. A cuberta do nervio (vaina da mielina) ou unha parte da neurona (o axón) poden resultar danadas. Este dano retarda ou impide que os sinais viaxen a través dos nervios afectados. Esta patoloxía pode afectar a calquer parte do corpo.

Se os síntomas preséntanse lentamente, a afección denomínase neuropatía crónica; se os síntomas preséntanse de forma repentina, a afección denomínase neuropatía aguda.

As mononeuropatías podémolas clasificar do seguinte xeito:


Os síntomas dependen do nervio específico afectado e poden abarcar:

  • Perda da sensibilidade
  • Parálise
  • Hormigueo, ardor, dor, sensibilidade anormal
  • Debilidade

O obxectivo do tratamento é permitir que se utilice o se que poida a parte do corpo afectada.

Algúns padecimientos de saúde fan aos nervios máis propensos ás lesións. Por exemplo a presión arterial alta e a diabetes poden causar lesión a unha arteria, o cal con frecuencia pode afectar a un só nervio. Debe tratarse a afección subxacente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario