A apendicite é unha inflamación do apéndice; este ten forma de verme (vermiforme) e sitúase na porción cega do colon, preto da válvula ileocecal (unión entre o intestino delgado e o groso).
A causa da inflamación do apéndice é a obstrucción da súa luz (cavidade); isto pode ser debido á presenza dun corpo extrano, feces, microorganismos...
Os síntomas desta enfermidade seguen, na metade dos casos, unha orde coñecida como a patocronia de Murphy:
- A dor comeza no epigastrio ou na zona periumbilical.
- Aparecen náuseas e vómitos.
- A dor progresa á rexión baleira dereita e remata por localizarse na rexión ilíaca dereita de maneira continua.
O diagnóstico pode confundirse naqueles casos nos que os síntomas non se dean nesta orde. Por iso, amais da clínica que presente o doente, a exploración física abdominal, análises de sangue ou probas radiodiagnósticas axudarán no diagnóstico.
O único tratamento efectivo para a apendicite é o cirúrxico; extírpase o apéndice (apendicectomía) por laparoscopia ou por laparotomía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario