A colite ulcerosa é unha patoloxía autoinmune (é o propio organismo quen produce continuas lesións no colon), crónica e inflamatoria que afecta ao intestino groso, recto e ano.
Esta enfermidade ten carácter multifactorial, é dicir, non está causada por un só factor senón que é consecuencia da interacción complexa de varios dos mesmos (xenéticos, ambientais...).
Os signos e/ou síntomas intestinais serán os derivados da inflamación crónica da parte distal do tubo dixestivo; sangue nas feces, diarreas, incontinencia fecal, sensación de querer defecar aínda despois de habelo feito (tenesmo) ou dor abdominal son algúns deles. Tamén poden darse outros signos e/ou síntomas como febre, taquicardia, perda de peso, vómitos...
En canto ao seu diagnóstico, a colonoscopia é a proba de referencia xa que permite ver a luz intestinal e tomar mostras de tecido.
Por último, aínda que non hai ningún tratamento que cure esta enfermidade, si existen fármacos e recomendacións nutricionais que axudan a controlala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario