sábado, 11 de noviembre de 2017

ENFERMIDADE DE LA PEYRONIE


A enfermidade de La Peyronie maniféstase cunha curvatura anormal do membro viril en estado de erección. Está causada por unha fibrose da túnica albuxínea do pene provocando que este adquira unha desviación (anormal) xeralmente cara arriba. Foi descrita polo cirurxián François Gigot de La Peyronie no ano 1743 e a el debe o seu nome.

O factor etiolóxico é descoñecido; as hipóteses indican que pode unha orixe multifactorial (producida por moitas causas).

Os síntomas asociados a esta enfermidade son:
  • Dor no pene.
  • Deformidade peneana.
  • Impotencia.
  • Acurtamento do pene.

O diagnóstico baséase na historia clínica e na exploración física (observación e palpación do pene); nalgúns casos recórrese a fotografías do pene en estado flácido e erecto para evitar esta situación tan incómoda.

En canto ao tratamento, o farmacolóxico emprégase en fases leves/moderadas da enfermidade e pode ser oral ou intralesional; o cirúrxico resérvase para os casos máis graves nos que existan dificultades para manter relacións sexuais satisfactorias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario