jueves, 9 de noviembre de 2017

DISFUNCIÓN ERÉCTIL


A Disfunción Eréctil (DE) é un trastorno que afecta ao aparello reproductor masculino; caracterízase pola incapacidade de conseguir ou manter unha erección. "Manter unha erección" refírese a mantela durante o tempo preciso para obter unha relación sexual satisfactoria. A idade é o principal factor de risco, ten unha alta prevalencia nos homes maiores de 40 anos.

Dependendo do factor etiolóxico pode ser:

  • Orgánica: está causada por alteracións fisiolóxicas (vasculares, hormonais, neurolóxicas...)
  • Psicóxena: está causada por alteracións psíquicas (sen base orgánica).
  • Mixta: causada por unha combinación da factores orgánicos e psicóxenos.

De maneira habitual, para o seu diagnóstico, abonda coa historia clínica máis a exploración física; tamén pode ser recomendábel a realización de análises de sangue. Ademais, existen probas especializadas só indicadas naqueles casos máis complexos.

Os tratamentos empregados na actualidade para a DE inclúen:
  • Farmacoloxía oral.
  • Terapia intracavernosa (inxección directa de fármacos nos corpos cavernosos do pene).
  • Dispositivos de baleiro.
  • Cirurxía vascular.
  • Implante de prótese peneana.





No hay comentarios:

Publicar un comentario