A bronquiectasia é unha afección crónica e progresiva que consiste nunha dilatación anormal dos bronquios. Non é unha enfermidade en si mesma senón o resultado de diversas enfermidades.
Os síntomas que pode provocar son:
- Tose.
- Expectoración mucosa/mucopurulenta/purulenta.
- Disnea (sensación de falla de aire).
- Dor torácica.
- Perda de peso.
Os procedementos diagnósticos inclúen:
- Exploración física.
- Radiografía de tórax.
- TC.
- Broncoscopia.
- Espirometría.
- Análise de esputo.
Os tratamentos centraranse no factor causal, no alivio da sintomatoloxía e na prevención do avance desta afección. Forman parte destes tratamentos a rehabilitación respiratoria e varios fármacos (mucolíticos, broncodilatadores e antibióticos).
No hay comentarios:
Publicar un comentario